martes, octubre 23, 2007

QUE É O COMERCIO XUSTO ?
É a denominación máis usual para designar ao movemento internacional que promove un sistema alternativo máis xusto de relacións comerciais e produtivas entre o Norte e o Sur do planeta.
Este movemento tamén é coñecido polos nomes de Comercio Equitativo, Comercio Solidario ou Comercio Alternativo.


CALES SON OS PRINCIPIOS DO COMERCIO XUSTO ?
Condicións de traballo dignas e salarios xustos: os prezos dos produtos son establecidos cos/coas propios/as produtores/as e non marcados unilateralmente. Estes prezos cobren os custos de produción en condicións laborais e desalario consonte as directrices da Organización Internacional do Traballo (OIT), e permiten a obtención dun sobrante.
Ausencia de explotación infantil: no mundo ao redor de 200 millóns de nenas/os traballan. O comercio xusto aposta porque as/os nenas/os estudien.
Igualdade de oportunidades e de trato: independentemente da cor da pel, do xénero, da relixión, das opinións políticas, da nacionalidade, da orixe social ou outros riscos distintivos.
Respecto polos Dereitos Humanos.
Respecto polas culturas indíxenas: fomento da producióne das mercancías tradicionais segundo os seus recursos naturais. Actividades comerciais que non contraveñan os intereses das/os habitantes do lugar sobre as súas terras ou outros recursos vitais para a súa forma de vida.
Funcionamento democrático das organizacións que interveñen: a xestión dentro das cooperativas de produtoras introduce criterios democráticos, que se estenden a conceptos extra laborais.
Relación comercial a longo prazo: garántense uns prezos estables e a cantidade de mercancía a adquirir.
Pagamento dunha parte do prezo por adiantado (ata un 60%), para evitar que as/os produtoras/es se endebeden.
As/os produtoras/es destinan parte dos seus beneficios ao desenvolvemento das súas comunidades (sanidade, educación, formación laboral, etc.): os salarios xustos permiten a obtención dun sobrante para reinvestir, non só na organización produtora senón tamén na mellora da comunidade.
Redución da cadea de intermediarios: as/os produtoras/ es obteñen un maior valor engadido das súas mercancías.
Información ao consumidor/a (transparencia): os axentes que traballan no comercio xusto (tanto no Norte como no Sur) deben ofrecer informacin sobre todo o proceso.
Produtos de calidade.
Respecto polo entorno: garantía dun desenvolvemento perdurable, respectuoso co planeta e con quen o habitamos e habitará; que non contamine a auga, a terra e o aire, nin esquilme os recursos naturais; que permita continuar a producir indefinidamente; que non hipoteque a calidade de vida das xeracións futuras.
Fomento do mercado local e diversificación da produción: co fin de reducir a dependencia do comercio internacional e dun só produto.



"Seguramente non se poderá cambiar o mundo tanto como quereríamos ao comprar cos ollos abertos, pero mantelos pechados significa asegurar que todo permanece igual" David Ransom

No hay comentarios: